Menu
logofundraisigfinal2

Fernando Guilherme de Aguiar Branco da Silva Neves

Licenciado en Dereito pola Universidade de Coimbra en 1947, Fernando Aguiar-Branco é doutor honoris causa pola mesma universidade desde o ano 2000. Foi subdelegado do procurador da República na comarca de Póvoa do Varzim e subdelegado da Dirección do Instituto de Traballo entre 1948 e 1950. Concelleiro en Porto de 1972 a 1974, foi elixido deputado na Asemblea Nacional de Portugal como independente en 1976. Presidente do Consello de Administración da Fundación Eng. António de Almeida desde 1973, foi presidente da Dirección do Centro Unesco en Porto desde 1984 e Conselleiro da Fundación Mario Soares. Fernando Aguiar-Branco ten recibido varios premios como son a Medalla de Xerusalén en 1979, a distinción da Orde do Mérito Civil de España en 1981, a Medalla de Ouro da Cámara Municipal de Porto, o Fraternitas Award da Universidade de Tulane (USA) en 1988, o grao de Gran Infante da Orde do Infante D. Henrique (o 9 de xullo de 1994). Outros premios e recoñecementos son: a Medalla do Mérito Cultura do Ministerio de Cultura de Portugal en 2003, e a distinción de cabaleiro da “Ordine della Stella della Solidarietà Italiana” (2010).

Ladislao Azcona

Presidente do Consello Social da Universidade de Oviedo e presidente da Comisión de transferencia e Relacións coa Sociedade da Conferencia de Consellos Sociais, iniciou a súa carreira traballando como xornalista e fíxose especialmente famoso durante os setenta. Primeiro, no verán de 1976, encargóuselle a edición e presentación da primeira edición do telexornal de TVE, cargo que ocupou ata finais de 1977. A súa labor ao fronte do telexornal, mereceulle o Premio TP de Oro de 1977 ao mellor presentador. Dende entón, asumiría responsabilidades en outros programas de Televisión Española: en 1977 presentou brevemente o espazo “300 millóns” e entre 1981 e 1983 púxose ao fronte do espazo de debate “Neste país”. Despois, dedicouse ao mundo dos negocios privados, sendo fundador e presidente da compañía multinacional de comunicación empresarial Estudio de Comunicación (fundada en 1983) e de Tecnocom, multinacional que cotiza no mercado de valores da Bolsa de Madrid desde 1987, e unha das cinco primeiras empresas do sector das tecnoloxías da información en España. Asemade, preside a Fundación Azcona, entidade sen ánimo de lucro, que ten patrocinado e publicado os catálogos razoados das grandes figuras da arte contemporánea española do século XX: Martín Chirino, Manolo Millares, Manuel Rivera, Luis Fernández, o Julio González. Coa venda de Tecnocom ao grupo Indra, convértese no primeiro accionista individual da Compañía Española, cun 18,7% do seu capital.

Burghard Baltrusch

Burghard Baltrusch é profesor titular de Literaturas Lusófonas da Universidade de Vigo, onde é presidente da I Cátedra Internacional José Saramago e investigador principal do grupo GAELT. É doutor en Filoloxía Iberorománica e Filoloxía Inglesa (1996) pola Universidade de Bonn (Alemaña), onde foi bolseiro da Studienstiftung des deutschen Volkes desde 1991. Su investigación céntrase nas obras de Fernando Pessoa e José Saramago, na poesía contemporánea, así como na teoría da tradución. Colabora co Instituto de Literatura Comparada Margarida Losa da Universidade do Porto (Portugal) e formou parte de tres proxectos internacionais de investigación sobre a poesía contemporánea. Organizou varios congresos internacionais e foi presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos. Actualmente é investigador principal do proxecto “Poesía contemporánea y política” (POEPOLIT, FFI2016-77584-P, 2016-2019, co apoio do Ministerio de Economía y Competitividad). Entre outros, publicou o editou os volumes Bewußtsein und Erzählungen der Moderne im Werk Fernando Pessoas (Peter Lang, 1997), Kritisches Lexikon der Romanischen Gegenwartsliteraturen (5 vols., coed. with W.-D. Lange et al., Gunter Narr 1999), Non-Lyric Discourses in Contemporary Poetry (coed. with I. Lourido, Peter Lang, 2012) and “O que transformou o mundo é a necessidade e não a utopia” – Estudos sobre utopia e ficção em José Saramago (Frank & Timme, 2014).

Donzelina Barroso

Directora de Global Philanthropy, Donzelina Barroso conta con máis de dez anos de experiencia na xestión de proxectos e bolsas internacionais en Rockefeller Philanthropy Advisors, incluíndo accións concretas nos ámbitos da educación, as artes, a saúde, os servizos sociais, a mitigación da pobreza e proxectos de protección medioambiental. Barroso ten deseñado e implementado diversos mecanismos para a xestión de fondos educativos en comunidades social e economicamente desfavorecidas, axudado na planificación e o desenvolvemento de centros para as artes en colaboración con diversas fundacións no deseño de estratexias, políticas, programas e accións de obra social. Ten colaborado en distintos proxectos transcontinentais (desde Brasil a Corea do Sur). Antes de unirse a Rockefeller Philanthropy Advisors, Barroso traballou como consultora dunha importante empresa estadounidense para transferir tecnoloxía e boas prácticas no contexto de cooperativas de agricultores en Angola. Foi membro oficial do Centro Camões para o Estudo do Mundo da Lingua Portuguesa na Universidade de Columbia. En 1998, a súa entrevista co escritor portugués José Saramago, gañador do Premio Nobel, foi publicada en The Paris Review. Donzelina Barroso tamén é membro da Cámara de Comercio Portugal-Estados Unidos e membro do Comité Directivo da rede internacional de filantropía de Nova York “International Grantmakers Network”. Barroso conta cun Master en Xornalismo pola Universidade de Columbia, un Máster en Administración Pública pola Escola Wagner de Servizo Público da Universidade de Nova York é está graduada polo prestixioso Barnard College da Universidade de Columbia.

Alberto Brito DelgadoAlberto Brito Delgado

Alberto Brito é licenciado en Historia pola Universidade da Laguna (1974-79). Na súa etapa como estudante participou nas Comisións de Curso e no 1975 empezou a militar no Partido de Unificación Comunista de Canarias, formando parte da Comisión Universitaria desde o curso 1977-78. Tras a obtención da súa licenciatura, integrouse en organizacións sindicais canarias e formou parte dos seus órganos de dirección, participando activamente na unificación dos sindicatos canarios e na Intersindical Canaria en 1994. Entre 1985 e 1987 traballou como profesor de secundaria en Bacharelato en institutos públicos, ata que nese último ano empezou a traballar na Universidade da Laguna como persoal da Biblioteca Universitaria. Dende o ano 1987 e ata a 2000, formou parte do Claustro Universitario e de 1998 a 2000 da Xunta de Goberno como representante do Persoal de Administración e Servizos. É socio fundador de Alumni ULL (Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade da Laguna), e dende finais de 2001 é secretario da súa Xunta Directiva. Desde o ano 2009 forma parte da Xunta Directiva da Federación Alumni España, como vogal das Relaciones Institucionais.

Celso Cancela Outeda

Profesor contratado doutor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidadede Vigo, Celso Cancela está especializado en ciencias políticas, xestión da Administración pública e relacións institucionais, así coma en liderado. Celso Cancela tamén e membro do grupo de investigación G3 Observatorio de Gobernanza, e entre os anos 2014 e 2017 foi director da Cátedra Jean Monnet “Entender a UE no século XXI”, premiada pola Comisión Europea.

Regina Carreira LópezRegina Carreira López

Regina Carreira López é adxunta ao reitor da Universidade de Vigo desde 2014, institución na cal asumiu con anterioridade as funcións de vicexerente de Internacionalización (2010-2014). Estudou no Instituto Universitario Tecnolóxico da Información de Bretaña (Francia) e obtivo o DEA en Multimedia, Imaxes e Sistemas de Información polo Instituto Nacional de Ciencias Aplicadas (INSA de Lyon, 2004). Tamén é titulada de Máster en converxencia dixital e novos medios pola Universidade de Tromso (Noruega). Nos últimos sete anos, contribuiu a incrementar a captación de fondos universitarios para a realización de actividades por importe de 22 millóns de euros. Durante o mesmo período, participou en máis de 30 proxectos en colaboración con distintas universidades e axencias de innovación internacionais: Yissum (Israel), o Brooklyn College (EEUU), a Universidade de Montreal (Québec) ou o Parlamento Europeo (que en 2009 lle concede financiamento público a través dos fondos Robert Schuman para a realización de actividades de investigación na unidade multimedia EBS -Europa por Satélite). De xuño a setembro de 2016, é seleccionada con outros cinco artistas internacionais para integrar a primeira promoción do Programa “Indisciplinadas” da Escola de Artes Visuais de Nova York. Co apoio proporcionado por este programa de financiamento competitivo, realiza unha residencia de verano intensiva en temas de creación interdisciplinar, e conta á súa vez, co apoio de artistas e académicos de recoñecido prestixio internacional.

José Cidrás PidreJosé Cidrás Pidre

Doutor Enxeñeiro Industrial desde 1987 pola Universidade de Santiago de Compostela, José Cidrás Pidre é profesor da Universidade de Vigo desde 1982 e catedrático do Departamento de Enxeñería Eléctrica desde 1993. A súa experiencia docente e investigadora céntrase fundamentalmente en enxeñería eléctrica, redes de enerxía eléctrica e recursos enerxéticos renovables. José Cidrás Pidre desempeñou distintos postos de dirección no seo da Universidade de Vigo: entre 2004 e 2010 foi vicerreitor de Innovación, vicerreitor de Investigación e vicerreitor de Planificación; con anterioridade tamén foi director do Departamento de Enxeñería Eléctrica e director da Escola de Enxeñaría Industrial. É director da Cátedra Telefónica-Universidade de Vigo sobre Espazos de Innovación desde a súa constitución en 2012.

Sandra DavilaSandra Davila

Sandra Davila é deseñadora de experiencia de usuario, especializada en definir estratexias para as organizacións que buscan transformarse dixitalmente. Tamén é experta na execución de estratexias de marketing dixital. É profesora asociada no Instituto Pratt e na Universidade de Fordham. É cofundadora de isimo.nyc. Entre os seus clientes están: o Museo de Artes de Queens, o Estado de Nova York, NYU, Wall Street Journal, Scholastic, Make a Wish e Ambulante. É licenciada en Ciencias da Comunicación polo Tec de Monterrei e traballou como investigadora social en México antes de estudar un master do Programa de Telecomunicaciones Interactivas na Universidade de Nova York.

María Isabel Doval Ruiz

Profesora contratada doutora na Facultade de Ciencias da Educación na Universidade de Vigo e Directora do Departamento de Didáctica, Organización Escolar e Métodos de Investigación. Nos últimos anos, Doval asumiu as funcións de adxunta á Dirección no Sistema Galego de Universidades, adscrito á Xunta de Galicia. Avaliadora externa para os programas HORIZON 2020 e Marie Sklodowska-Curie, María Isabel Doval é autora de varias publicacións en temas relacionados coa investigación participative, os métodos de narrative visual ou os dispositivos das TIC ao servizo da educación e da inclusion.

Jesús Gamallo AllerJesús Gamallo Aller

Jesús Gamallo Aller é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1985). En 1990, foi investigador durante varios meses no Instituto Universitario Europeo de Florencia (Italia). Foi profesor asociado no Instituto Nacional de Administración Pública (INAP). Desde 1993 é funcionario do Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia. Desde 2009, ocupa o cargo de director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia. Tamén é director da Fundación Galicia Europa, coordinador xeral da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, membro suplente do presidente da Xunta de Galicia no Comité das Rexións, membro do Comité Executivo da Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas e coordinador do Grupo do Partido Popular Europeo (PPE) na Comisión de Cidadanía, Gobernanza e Asuntos Institucionais e Exteriores do Comité das Rexións. Fala español, galego, inglés, francés, italiano e portugués.

Fabián García PastorFabián García Pastor

Enxeñeiro industrial e MBA polo Instituto de Empresa de Madrid. Desenvolveu a súa traxectoria profsional arredor das Tecnoloxías da información e as comunicacións. A súa actividade profesional desenvolveuse en centros de investigación en Francia e Estados Unidos. Foi profesor na Universidade Carlos III de Madrid onde realizou proxectos de cooperación entre a universidade, a empresa e a Administración. Foi colaborador da Dirección Xeral de Tecnoloxías da Información da Comisión Europea, onde colaborou no Programa para o Desenvolvemento da Sociedade da Información en Europa. Desde 2005 desenvolve a súa actividade en Telefónica onde foi director de Innovación do Grupo TPI. Actualmente é xerente de Relacións Insitucionais en Telefónica España e coordinada a Rede de Cátedras Telefónica.

Noelia Sanz GarcíaNoelia García Sanz

Noelia Garcia Sanz é Licenciada en xornalismo pola Universidade de Navarra e PDG polo IESE Business School da Universidade de Navarra. Despois de exercer un ano como xornalista, únese a súa alma mater en 1997 e, desde entón, ocupa diversas funcións de organización e dirección na área de Xestión e Desenvolvemento dos centros da universidade. Foi directora do Servizo de Xestión de Persoal durante tres anos e na actualidade é directora Executiva do Servizo de Antigos Alumnos da Universidade de Navarra. Ten unha ampla experiencia en cuestións de organización, estratexia e xestión do cambio. Asesora de fundacións sobre temas relacionados coa gobernanza e a dirección, Noelia é un membro do Consello de Quinto Real Asociación Xuvenil, amante dacomunicación e nai de seis fillos.

Fatima MarinhoMaria de Fátima Aires Pereira Marinho Saraiva

Fátima Marinho é catedrática de Literatura na Facultade de Artes da Universidade do Porto, onde imparte clase de Literatura Portuguesa desde 1976. Doutorouse en 1987 cunha tese sobre o Surrealismo en Portugal. Nos últimos anos, dedicouse ao estudo das relacións entre a Literatura e a Historia nos séculos XIX e XX. Fátima Marinho tamén dá clase no programa de doutoramento en Literatura Portuguesa na Universidade de Etvos Lorand (Hungría) e colabora habitualmente co Departamento de Portugués da Universidade de Belgrado (Serbia). Ademais, é membro do CITCEM (Centro de Investigación Transdisciplinar Cultura, Espazo e Memoria) e colaboradora do CREPAL Centro de Investigación dos Países Lusófonos) na Universidade de París 3, La Sorbonne Nouvelle. Tamén é membro do Consello de Administración da Asociación Internacional de Universidades desde 2016 e experta do Alto Consello de Avaliación da Investigación e da Educación Superior (Francia). Desde xuño de 2014, é vicerreitora de Relacións Internacionais e Cultura na Universidade do Porto.

Salustiano Mato de la IglesiaSalustiano Mato de la Iglesia

Salustiano Mato de la Iglesia é doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela (1986). Desde o ano 2000 é catedrático de Zooloxía do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo, institución da que foi vicerreitor de Investigación entre maio de 1998 e agosto de 2005. No ano 1987 foi investigador posdoutoral nas universidades estadounidenses de Rutgers e Cornell, onde participou no desenvolvemento dos sistemas de compostaxe que alí se estaban a deseñar. Tralo seu retorno a Galicia iniciou unha nova liña de investigación baseada no deseño de sistemas de compostaxe nos que primara un correcto desenvolvemento do proceso biolóxico fronte a criterios unicamente tecnolóxicos. Froito deste traballo xurdiron diversas publicacións científicas e técnicas e dúas patentes de invención. De 2005 a 2009 desempeñou a responsabilidade de director xeral de I+D+i na Xunta de Galicia. En xuño de 2010, toma posesión como reitor da Universidade de Vigo. Na actualidade exerce tamén como presidente da Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste de Europa (CRUSOE), presidente da Rede Nacional de Campus de Excelencia Mariños (CEI.MarNet), presidente da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA) e do Centro de Estudos Euro-Rexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER)..

Carlos NogueiraCarlos Nogueira

Carlos Nogueira é o director da I Cátedra Internacional José Saramago e membro do grupo de investigación GAELT da Universidade de Vigo. É doutor en Literatura Portuguesa poa Facultade de Letras da Universidade do Porto (2008), onde obtivo tamén un mestrado en Estudos Portugueses e Brasileiros (1999) e unha licenciatura en Linguas e Literaturas Modernas (1994). Leccionou diferentes materias como Latín, Lingua portuguesa, Literatura e cultura, la literatura oral y tradicional, Introducción a los Estudios Literarios, Literatura Portuguesa, Texto Literario, Literatura Infantil y Juvenil, Modelos y Teorías de la Comunicación en universidades de diferentes países europeos (Lisboa, Vigo, etc.) y universidades iberoamericanas (México, São Paulo, etc.). Como investigador leva publicando ampliamente sobre a cultura e literatura portuguesas. Dirixiu teses de doutoramento e de mestrado, organizou congresos, coloquios, seminarios, etc., en Portugal e no estranxeiro. Recibiu varios premios como o Premio Montepio de Ensaio (2012 y 2013) e o Premio Santander de Internacionalización da Produción Científica da FCSH da Universidade Nova de Lisboa (2012, 2013 y 2014). Entre outros moitos volumes e artigos, publicou recentemente Nenhuma palavra é exata: estudos sobre a obra de Valter Hugo Mãe (Porto Editora 2016).

Pedro Otero EspinarPedro Otero Espinar

Pedro Otero Espinar licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariales, especializándose en Dirección, en la Universidade de Santiago de Compostela. Como auditor de contas, está inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas co número 17710. Na actualidade é director xerente da Fundación Galicia Obra Social (Afundación), secretario xeral do Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) e profesor asociado na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, na Área de Economía Financeira e Contabilidade, da Universidade de Santiago de Compostela. Os seus inicios no mundo laboral foron como auditor – consultor de empresas en Arthur Andersen e Cia. S. COM. A partir de entón, a súa actividade laboral sempre estivo ligada a Caixa Galicia, onde ha desempeñou diferentes cargos, comezando como responsable de Contabilidade, Orzamentos e Control de Xestión da Obra Social de Caixa de Aforros de Galicia e da Fundación Caixa Galicia, ata ser designado, antes da fusión de Caixa Galicia e Caixanova, director de división na Área da Dirección Xeral Adxunta de Acción Social. Tras a fusión das extintas Caixa Galicia e Caixanova, pasou a ocupar o posto de director de Xestión e Planificación Económica da Obra Social en Novacaixagalicia, entidade na que asumiu en 2011 o cargo de xerente adxunto e, en 2012, de xerente. Pedro Otero Espinar foi membro de diversos consellos de administración en representación das extintas caixas. Na actualidade ocupa, entre outros, os seguintes postos: membro individual do Rexistro de Economistas Auditores; membro no Padroado da Fundación Cidade da Cultura; membro no Padronado da Fundación Universidade Empresa (FEUGA); membro no Padroado da Fundación Monte do Gozo-Proxecto Home; membro da Xunta Directiva do Instituto Español de Analistas Financeiros-Delegación Galicia (IEAF Galicia); membro do Consello Económico e Social do Concello de Pontevedra; membro do Comité Executivo de Obra Social e Fundacións de CECA.

José Pedreira MenéndezJosé Pedreira Menéndez

Catedrático de Dereito Financeiro e Tributario na Universidade de Oviedo, José Pedreira é ademais profesor asociado do Instituto de Empresa de Madrid e imparte clase no Máster en Asesoría Fiscal do IUDE da Universidade de Oviedo e no Máster en Banca e Mercados Financeiros da Universidade de Cantabria. Foi secretario nas Fundacións: Centro de Arte e Creación Industrial e Valdés Salas; e secretario xurídico nas Fundacións: Instituto Tecnolóxico de Materiais (ITMA), PRODINTEC (Centro Tecnolóxico da Produción e o Deseño Industrial) e Centro Forestal e da Madeira (CETEMAS). Premio Extraordinario de Doutoramento da Universidade de Oviedo ano 1998-1999 coa tese “A tributación no Impuesto sobre Sociedades das actividades empresariais exercidas polas fundacións”, foi gañador do Premio de Tributación do Centro de Estudos Financeiros no ano 2001 e Accésit no ano 1999. É membro do Ilustre Colexio de Avogados de Oviedo, da European Association of Tax Law Professors (EALTP), da Asociación Española de Asesores Fiscais (AEDAF) e da Asociación Española de Dereito Deportivo (AEDD).

Ernesto Pedrosa Silva

Ernesto Pedrosa Silva

Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, titular dun Mestrado en Dirección de Persoal e Recursos Humanos, e avogado en exercicio dende o ano 1984, sendo titular do Bufete Pedrosa Avogados. Pedrosa é tamén letrado asesor xurídico de prestixiosas firmas na provincia de Pontevedra, entre outras, para a Asociación de Empresarios de Pontevedra, o Diario de Pontevedra e o Grupo de Empresas Nogar; ademais de autor de diversas publicacións en libros e revistas especializadas de Investigación, Universidade e Dereito. Nomeado presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, o 1 de setembro de 2011, polo presidente da Xunta de Galicia D. Alberto Núñez Feijóo; Pedrosa é membro integrante do Consello Social dende o ano 2003, sendo nomeado vicepresidente en xullo de 2004. Preside a Comisión Executiva e a Comisión de Actividades e Servizos, forma parte do Consello de Goberno da Universidade de Vigo e é vicepresidente da Fundación Universidade de Vigo, ademais de membro das Comisións académica, de economía e de transferencia e relacións coa sociedade, todos elas dependentes da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas.

Ciprián Rivas FernándezCiprián Rivas Fernández

Ciprián Rivas Fernández é titulado en Relacións Públicas pola Universitat Central de Barcelona. Tamén é titulado en Marketing e Lobbying pola Universidade de Londres e o Real Instituto de Administración Pública de Londres (RIPA). Desde 2010, traballa na Universidade de Vigo como director do Gabinete do reitor onde é responsable, entre outras funcións, de establecer e implementar a estratexia de comunicación, xestionar as relacións institucionais; deseñar, planificar e executar eventos institucionais; desenvolver a política de mecenado e fundraising; planificar actividades de lobbying. Previamente, foi director xeral de marketing da Feira Internacional Semana Verde de Galicia en Silleda. Creou o Departamento de Relacións Públicas e Protocolo no Gabinete do presidente da Xunta de Galicia, onde traballo como xefe de Protocolo e Relacións Públicas con tres presidentes e como asesor de Comunicación e Responsabilidade Social Corporativa de dous conselleiros de Presidencia. Tamén foi vicepresidente executivo da Fundación Euroespes. Fundador e socio director de Avanza, unha consultora de relacións públicas, marketing e comunicación, Ciprián Rivas Fernández traballou tamén como editor, director e xornalista en diferentes xornais galegos e españois; profesor convidado na Escola Diplomática en Madrid, a Universidade Central de Barcelonae a Universidade Católica de Lima, así como conferenciante en diferentes encontros e congresos internacionais sobre comunicación.

Pedro Santa-ClaraPedro Santa-Clara

Pedro Santa-Clara dirixe a Cátedra de Finanzas do Milenio-BCP na Nova Escola de Negocios e Economía de Lisboa desde 2007. Foi profesor de Finanzas na Escola Anderson de Administración da UCLA de 1996 a 2009. Doutorado e licenciado en Dirección de Empresas pola INSEAD de Francia, Santa-Clara é investigador asociado da Oficina Nacional de Investigacións Económicas así como investigador do Centro de Investigación de Política Económica. Traballou nas xuntas editoriais da Revista de Análise Financeira e Cuantitativa e na Revista de Estatísticas Empresariais e Ciencias Económicas da Xestión. Os intereses de Pedro Santa-Clara en materia de investigación fundamental e orientada céntranse nos modelos teóricos para a taxación de activos e no desenvolvemento de métodos econométricos para a súa correcta estimación. O seu traballo actual céntrase na xestión cuantitativa dos activos patrimoniais, o pricing, a xestión de riscos, os mercados de divisas e de renda fixa e a econometría financeira. Pedro Santa-Clara dirixe o novo proxecto do campus e a campaña de recadación de fondos na Nova Escola de Negocios e Economía de Lisboa.

David Shem TovDavid Shem Tov

Director xeral en The T-Factor, dentro da Aceleradora de Technion, en Haifa (Israel), David Shem Tov ten unha ampla experiencia de máis de 15 anos no desenvolvemento de negocios e a xestión de proxectos no campo do emprendemento, a tecnoloxía e a innovación. A súa experiencia na iniciación e administración de proxectos globais de innovación aberta, que van desde o establecemento de novas empresas, spin offs, aos proxectos de transferencia de tecnoloxía e a comercialización de licenzas. O seu amplo “know-how” na execución de plans e estratexias para a explotación da propiedade intelectual e industrial, tanto na redacción e negociación de acordos legais, como o control orzamentario e outras cuestións fiscais asociadas coas patentes e a prospección en novos mercados internacionais. David Shem Tov é particularmente hábil no marco económico e legal para as tecnoloxías facilitadoras, as súas necesidades e tendencias en varios sectores industriais, incluíndo as tecnoloxías da información, os dispositivos médicos, o transporte, as tecnoloxías limpas e a robótica. Tamén destaca como mediador entre os sectores industriais e o desenvolvemento tecnolóxico que emana de laboratorios e centros de investigación, e viceversa. Conta ademais cunha sólida e diversificada rede de contactos, composta por persoas clave en Israel e no estranxeiro, e sempre no marco dos ecosistemas para o emprendemento e a innovación.

Universidade-de-Vigo
Funcadicion-barrie
coferencia-de-Consejos-sociales
Consello-social
REITORIA-Universidade-de-Vigo
Comparte / Share
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn