Menu
logofundraisigfinal2

Contexto

As universidades, no seu compromiso coa comunidade (no ámbito local, nacional e internacional) ofrecen oportunidades singulares á filantropía para diferenciarse no financiamento específico de proxectos no contexto académico, con fins educativos, científicos e tamén creativos. Universidade é sinónimo de prácticas socialmente inclusivas. Nun afán constante por acadar o benestar xeral, as universidades aplican os principios de transparencia e legalidade en todas e cada unha das súas operacións económicas. Non obstante, a emerxencia de novos produtos e servizos para o mecenado en rede (ex.: o crowdfunding) propician que as universidades se doten de ferramentas innovadoras para a xestión eficiente de doazóns, legados e outros activos de natureza privada. Isto implica a promoción da marca pública universitaria e a participación directa do antigo alumnado na proxección social das universidades. O traballo conxunto de administradores, políticos e mecenas en proxectos de obra social universitaria pasa por unha reflexión previa sobre a influencia destas figuras na gobernanza interna da universidade. Que función ten o filántropo universitario? Como integralo nos consellos sociais? Durante día e medio, os participantes nestas xornadas coñecerán algúns casos de mecenado universitario internacional que van máis alá dos programas tradicionais de bolsas, legados, premios ou patrocinios. A filantropía actual está cambiando o modelo tradicional de universidade ao establecer un novo marco de relacións duradeiras entre académicos, axentes sociais e mecenas.

Obxectivos

  • Coñecer as iniciativas que marcan as tendencias xerais de investimento privado nas universidades;
  • Comparar modelos para a busca efectiva de mecenas potenciais en proxectos universitarios;
  • Debater sobre a estrutura que permita nas universidades un financiamento privado e continuado de tipo estrutural;
  • Identificar as canles que favorecen a xestión de proxectos tractores en I+D+i;
  • Promover sinerxías para a xestión de programas de talento universitario que resulten sostibles.

Público

  • Administrador/a xeral
  • Consellos sociais
  • Creador/a de tendencias
  • Director/a científico/a
  • Director/a de marketing
  • Xerente
  • Investidor/a
Universidade-de-Vigo
Funcadicion-barrie
coferencia-de-Consejos-sociales
Consello-social
REITORIA-Universidade-de-Vigo
Comparte / Share
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn