Menu
logofundraisigfinal2

Xoves 4 de maio

9.30 h Inscrición

10.00 h Inauguración oficial

Salustiano Mato de la Iglesia, reitor, Universidade de Vigo (ES)
Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social, Universidade de Vigo ES)
Lalo Azcona, presidente do Consello Social, Universidade de Oviedo (ES)

10.15 h Grupo de discusión

A obra social: tendencias e desafíos para o futuro do financiamento universitario

Ante a impotencia dos gobernos para responder de xeito unilateral á constante evolución do entorno universitario, a filantropía contemporánea está liderando iniciativas pioneiras en materia de obra social con universidades en todo o mundo. Cómpre sinalar aquelas que apuntan cambios na gobernanza universitaria, pero tamén as que apoian o talento universitario; as que se concretan en proxectos de I+D de gran escala, ou as que transfiren o coñecemento e preservan o patrimonio cultural. Para que este modelo funcione, universidades, gobernos e outros actores de influencia deben sentarse a negociar. Como universidades, filántropos e políticos deben coordinarse nos procesos de financiamento privado das universidades? Que iniciativas conxuntas constitúen un referente na actualidade? Este grupo de traballo aclarará estes temas. Presentará casos concretos para a participación de fondos privados na xestión directa de activos universitarios (ex.: fondos de investimento, doazóns, legados etc.). O debate centrarase no impacto e nos efectos que ditas políticas introducen nas universidades e darán a coñecer aqueles referentes internacionais, de boas prácticas, que actualmente están en vigor.

Temáticas de interese:

  • Os modelos de gobernanza que permiten a participación directa de entidades privadas na vida universitaria;
  • A filantropía en proxectos demostrativos e innovadores de investigación e desenvolvemento tecnolóxico;
  • A xestión estratéxica do talento fronte ás competencia;
  • O rendemento do investimento por campañas de mecenado.

Presenta:
Regina Carreira López, adxunta ao reitor, Universidade de Vigo (ES)

Modera:
Donzelina Barroso, directora, Rockefeller Philanthropy. Londres (UK)

Conferenciantes:
Fatima Marinho, vicerreitora de Relacións Internacionais e Cultura e membro do Consello de Xestión, Universidade de Porto (PT)
David Shem Tov, xerente, Instituto Tecnolóxico de Israel: Technion. Haifa (IL)
Pedro Santa-Clara, catedrático de Finanzas, Nova School of Business and Economics. Lisboa (PT)
Pedro Otero Espinar, xerente, Afundación (ES)

11.45 h Pausa

12.15 h Casos de éxito

Consolidar a educación superior: a marca pública universitaria

O deseño, a produción e a promoción da marca pública universitaria resultan indispensables para incrementar o volume de ingresos privados nas universidades. Esta sesión presentará algúns casos de éxito para a execución de proxectos científicos, tecnolóxicos, xurídico-sociais e culturais. Para elo, recorrerase a tres fundamentos do marketing de servizos: o “B2B” (entre entidades); o “B2C” (de entidades a consumidores) e o “P2P” (entre pares). O apoio que proporcionan as redes sociais e outras tecnoloxías da información e da comunicación permiten ás universidades explorar novas vías para o financiamento privado en I+D+i. O marketing viral introduce, á súa vez, novos escenarios como son os das cátedras de excelencia, o micromecenado cultural ou as denominadas “comunidades de interese”.

Moderan:
Ciprián Rivas Fernández, director do Gabinete do reitor, Universidade de Vigo (ES)
Regina Carreira López, adxunta ao reitor, Universidade de Vigo (ES)

Paneles B2B y B2C: Marca cruzada e sponsor

CRUSOE & Iacobus

Conferenciantes:
Carlos Ramos, vicepresidente, Instituto Politécnico do Porto (PT)
Jesús Gamallo Aller, director xeral de Relaciones Exteriores e coa Unión Europea, Xunta de Galicia (ES)

Cátedra Telefónica

 Conferenciantes:
José Cidrás Pidre, investigador principal, Universidade de Vigo (ES)
Fabián García Pastor, xerente de Relacións Institucionais, Telefónica (ES)

Campus do Mar-Knowledge in Depth

Conferenciantes:
Emilio Fernández Suárez, director, Campus de Excelencia Internacional, Universidade de Vigo (ES)
José Manuel Silva Rodríguez, doutor honoris causa da Universidade de Vigo e exdirector xeral na Comisión Europea (ES)

13.45 h: Panel P2P: Marca persoa

Cátedras internacionais de excelencia Jean Monnet

Conferenciantes:
Celso Cancela Outeda, Centro Europeo de Excelencia Jean Monnet. Universidade de Vigo (ES)
Maribel Doval Ruiz, investigadora principal, Centro Europeo de Excelencia Jean Monnet. Universidade de Vigo (ES)

I Cátedra Internacional José Saramago

Conferenciantes:
Fernando Aguiar-Branco, presidente. Fundación Eng. António de Almeida. Porto (PT)
Burghard Baltrusch, investigador principal, Cátedra Internacional José Saramago. Universidade de Vigo (ES)
Carlos Nogueira, asesor técnico, Cátedra Internacional José Saramago. Universidade de Vigo (ES)

14.30 h Fin da sesión da mañá

17.00 h Obradoiro

Redes sociais: como financiar a túa campaña a través de Internet

As redes sociais aproveitan o poder de Internet para solicitar apoios particulares de individuos na capitalización monetaria de proxectos.

As dinámicas de financiamento ascendente (crowdfunding) constitúen formas innovadoras de gran alcance en comunidades afines, por medio de amigos ou parentes, que achegan recursos adicionais na realización dun proxecto. O éxito das campañas de mecenado por Internet fundaméntase, de feito, na rapidez para a difusión de contidos que se garante pola conectividade: un tweet pode ser “retuiteado” varias veces, e basta unha única publicación en Facebook para acceder a numerosas fontes de información. Este obradoiro quere afondar no uso das ferramentas e aplicacións web que posibilitan o mecenado en liña e consolidan, ademais, a estratexia de medios interactivos dentro das universidades.

Temáticas de interese:

  • A estratexia de comunicación nos medios sociais;
  • Comunidades virtuais, redes e difusión a través de Internet;
  • Campañas de mecenado co apoio de redes sociais (Twitter, Facebook, Twitter, Instagram, LinkedIn, Vimeo etc.)
  • Plataformas “abertas” para a xestión do mecenado en liña (Selfstarter, Crowdfunding ou Freedom sponsors)

Presenta:
Regina Carreira López, adxunta ao reitor, Universidade de Vigo (ES)

Formadora:
Sandra Davila, profesora asociada, Pratt Institute de Nova York e fundadora de isimo.nyc. Nova York (USA)

Público :
Asesor/a de negocio
Xerente/a
Xestor/a de proxecto
Investigador/a

Requisitos:
Taller en español.
Necesítase PC ou MAC para o desenvolvemento das dinámicas de grupo.
Aforo limitado a 30 participantes por orde de inscrición.

 

Venres, 5 de maio

10.00 h Mesa redonda

Libro branco sobre mecenado universitario

A Comisión de Transferencia e Relacións coa Sociedade da Conferencia de Consellos Sociais das Universidades Españolas propuxo na súa última reunión plenaria, a constitución dun comité de expertos para propoñer ao Goberno de España, medidas concretas que permitan avanzar na captación externa de recursos. O marco normativo que regulará a nova Lei para o mecenado universitario abre pistas para o financiamento financiación estrutural das universidades, a través de iniciativas privadas de carácter empresarial e mediante outros activos materiais ou intanxibles. Esta sesión presentará os avances acadados na proposta para a elaboración do libro branco sobre mecenado universitario. Interesan en particular, as medidas para actividades de I+D+i en consorcios e clústeres que xorden de proxectos multilaterais ou no caso dos centros de investigación públicos.

Presenta:
Lalo Azcona, presidente do Consello Social, Universidade de Oviedo (ES)

Conferenciante:
José Pedreira Menéndez, catedrático de Dereito Financeiro e Tributario. Universidade de Oviedo (ES)

11.45 h Pausa

12.15 h Presentacións

O observatorio de antigos alumnos universitarios

Como implicar os egresados/as na vida universitaria? Que procesos? Con que ferramentas? Cantos recursos se necesitan? Con que finalidades? Para que audiencia? Presentaranse iniciativas consolidadas en curso.

Conferenciantes:
Noelia Sanz García, directora executiva, Oficina de Alumni, Universidade de Navarra (ES)
Alberto Brito Delgado, responsable de Relacións Institucionais, Federación Alumni España (ES)

13.30 h Clausura oficial

Universidade-de-Vigo
Funcadicion-barrie
coferencia-de-Consejos-sociales
Consello-social
REITORIA-Universidade-de-Vigo
Comparte / Share
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn